SANTO PATRÓN
SANTO PATRÓN
(X.Portas Ferro)
Santo patrón, bendice os nosos lares,
a nosa vida e as nosas ilusións
porque queremos se-los teus amigos
e coma ti ser fieles ó Señor.
-O teu exemplo de desprendemento
polo que ás veces fuches quen de dar
o que ti mesmo necesitabas,
queremos imitar.
-O teu labor de nuncio da Palabra
da boa nova, manantial de paz
que reconcilia con Deus o mundo,
queremos imitar.
-A túa vida que a Deus consagraches
e a servir a tódolos irmáns
creando o amor e maila xusticia,
queremos imitar.
-A túa vida que a Deus consagraches
e no martitiro chegaches a dar
por lle gardares fidelidade,
queremos imitar.