SEÑOR SANTIAGO
SEÑOR SANTIAGO
(Xesús Portas Ferro)
SEÑOR SANTIAGO, PATRON SABIDO,
POR TI MADRUGAN OS PEREGRINOS.
- Inda non raian as alboradas
e os teus camiños traen pisadas.
Inda nos ceos aluma o Sirio
e xa resoan os teus camiños.
- Tódalas portas están pechadas
e xa cantamos na túa casa.
Inda en ningures tanxeron sinos,
na túa casa cantamos himnos.
- Por ti cantamos gloria e loanza
ó Deus eterno, Trindade santa.
Gloria e loanza ó Pai e ó Fillo
e ó de entrambos Divino Espírito.