TÉNDOCHE UNHA MAN
TÉNDOCHE UNHA MAN
(Carlos Otero Padín)
QUERO TENDERCHE UNHA MAN, MEU AMIGO,
FACERNOS FORTES FOMENTANDO A IRMANDADE.
QUERO DICIRCHE QUE NON TEÑAS MEDO NUNCA
A SER TI MESMO, POIS DA TÚA SAUDADE, DEUS SABE.
Achegarse a El é doado e moi sinxelo
non deixes fíos de inquedanzas sen atar.
Percorre leguas de camiños amodiño,
deixa a túa vida xermolar ata o final.
Sentirás a Deus se primeiro sementares,
novas sementes nas que agrome a súa paz.
As verdes follas de oliveira ben nos cadran;
vén, meu amigo, tendereiche a miña man.
...
Sentirás a Deus se primeiro sementares,
movendo loitas, non hai trazas de final.
As verdes follas de oliveira ben nos cadran;
vén, meu amigo, tendereiche a miña man.