XUNTO A TI QUERO ESTAR (O XUBILEO)
XUNTO A TI QUERO ESTAR (O XUBILEO)
(Carlos Otero Padín)
- Xunto a ti quero estar cando alume o sol
xente nova medrar no amor do Señor.
Xunto a ti quero ver latexar corazóns,
espera, vou chegar, non me deixes ir só.
EIQUÍ ESTOU, DIME, SEÑOR.
BEN SEI QUE EU SON UN PECADOR.
- Xunto a ti descubrir a irmandade entre nós,
a verdade xurdir, verbas novas de amor.
Xunto a ti compartir que haxa un mundo mellor.
Erguereime por ti, afastarei a dor.
Xunto a ti quero ver latexar corazóns,
espera, vou chegar, non me deixes ir só.
-------------------------------------------
EN TI, SEÑOR, HEI BUSCAR
A LUZ QUE SÓ TI PODES DAR.
- Xunto a ti quero estar no camiño da fe
para poder vivir o amor que Deus é.
Xunto a ti hei sentir latexar corazón,
e en Igrexa cumprir o mandato do amor.
- Xunto a ti descubrir a irmandade entre nós,
a verdade buscar e ser libres así.
Xunto a ti compartir a experiencia da dor
que nos fai entender que morrer é vivir.