CANTANDO OS HIMNOS (m)
CANTANDO OS HIMNOS
(Manuel Feixoo)
Cantando os himnos da irmandade,
voltamos ledos pros nosos lares,
avencellados nun corazón
cantemos todos belidos
cantos de paz e amor.
- Pois todos somos irmáns
diante de Deus, noso Pai,
démonos tódalas mans
neste intre fraternal.
- A nosa angueira há de ser,
co lume da cristiandade,
unha candea acender
dentro de tódolos lares.
- A nosa ledicia cristiá
e a nova do Evanxeo
han de xunguir e aledar
ós homes do mundo enteiro.