VEÑA O TEU REINO (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=pit9pKo4tP0
VEÑA O TEU REINO
(Xesús Portas Ferro)
Veña o teu Reino, Señor, veña o teu Reino;
que na terra hai boa falla
de que muden moitas cousas e melloren.
-Nada hai que eu queira máis
cá chegada do teu Reino,
sei que ben acougaréi
coa xustiza que nel vexo.
Todo o demais hei de ter
ou suficiente ou sobexo
como o paxariño ten
a cotío o alimento.
-O mundo arela tamén
a chegada doteu Reino
sen que poida repousar
ata que o sinta no ceo.
Dores de parto que ten,
berro que profire arreo,
habémolos aturar mentres
non veña o teu Reino.