ADVENTO
No comenzo do ano litúrxico, preparámonos para recibir a Xesús. Igual que toda familia espera a chegada dun novo membro con ilusión, os cristiáns esperamos o mellor agasallo: Deus nace e faise neno. Chega a nós como un máis, Deus encárnase no mellor da creación, no máis inocente, no máis desvalido...
María lévanos da man neste tempo e, coma ela, nós preparamos o noso corazón para recibir o Neno. Este é o tempo da ESPERANZA.