CORESMA/SEMANA SANTA
Na Coresma preparámonos para o cambio. Xesús preparábase para os momentos difíciles, oraba máis, pensaba máis, miraba dentro de si mesmo. Nós tamén debemos prepararnos para cambiar, para ser mellores; pero o cambio supón esforzo, renuncia, sacrificio... un momento de crise, de cambio e de liberación.
Na Semana Santa lembramos a Paixón de Xesucristo: o xoves faise máis que nunca o noso irmán, reúnenos na mesa; o venres sofre e padece por nós coa confianza posta no Pai; o sábado somos nós os que sufrimos por El, parécenos unha eternidade porque estamos sos e confundidos e o domingo todo cobra sentido e por fin fainos cristiáns, somos os do Resucitado.
Xesús vive en ti!!