EN TI, DEUS PAI
EN TI, DEUS PAI
(Himno de Coresma-Alejandro Guillermo)
En ti, Deus Pai, buscamos agarimo,
pois es o noso ben, a nosa herdade;
contigo rente a nós, non caeremos;
ti es paixón de amor, de liberdade.
O corazón humano está fendido,
despreza o amor que unifica,
intenta construír en egoísmo
moradas de esperanza e de ledicia.
Camiñamos sen ver para onde imos,
levantamos castelos sobre area,
sementamos abusos e dominios
e esperamos colleitas de grandeza.
Precisamos, Pai bo, que nos renoves,
que nos bañes nas augas da irmandade,
que nos cures das nosas fondas dores,
que nos abras a gran fraternidade.
Gloria ao Pai, que gozou vernos feitos;
gloria ao Fillo, por nós morreu na cruz;
gloria ao Espírito, el é o noso alento,
no escuro do camiño forza e luz.
PARTITURA: En ti, Deus Pai - Partitura completa.pdf (107668)