VÉN, SEÑOR, Á NOSA TERRA
VEN SEÑOR, Á NOSA TERRA
(Antón Fdez. León)
Ven, Señor á nosa terra
á túa casa, ó teu lar,
pola noite frente a frente
ó teu lume no fogar.
Fai que en nós reine a esperanza,
que prendeu xa en María,
e que cúmprase a promesa
que nos tiñas prometida.
-Vén, Señor, que estamos cansos
das miserias que nos pesan.
Vén que estamos sós, con ganas de Ti,
vén sentarnos á túa mesa.
-Con María preparemos
o camiño da esperanza,
para que se achairen os montes e os vales,
e sexan de paz as lanzas.