DEICA LOGO, IRMÁN
DEICA LOGO, IRMÁN
(Xesús Méndez Torrado)
DEICA LOGO, DEICA LOGO, IRMÁN
NON É UN ADEUS, SO UN ATA MAÑÁ.
Á TERRA VOLTAMOS ONDE ABROLLARÁ
UNHA NOVA VIDA DA MAN DE DEUS PAI.
Cando os anxos te presenten a Deus,
no seu agarimo, El te vai acoller.
Vivirás no Ceo, Nova Xerusalén,
onde non hai pranto porque a Deus has ver.
Deica logo, ata que queira Deus
da nosa trafega de loitar polo pan.
Vivimos a vida esperando o "Alén"
da resurrección que Deus nos dará.