LEDICIA NA PAZ (m)
VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=BBGSaNHwpTI
LEDICIA NA PAZ
(Odilo Glez.)
ACOLLE, SEÑOR, ESTA VIDA
NOS TEUS BRAZOS ABERTOS DE PAI.
NON A DEIXES PERDER NO CAMIÑO,
DÁLLE ACOUGO E LEDICIA NA PAZ.
Ti rexurdes, Señor, cada día
no que loita e se gasta por ti.
Ti es vida para aquel que na morte
vénlle a hora de ter que partir.
Ti es luz que alumea o camiño
de quen conta co teu ben querer;
Ti es forza para aquel que confía
encontrarse contigo e vencer.