A FE
A FE
Fe non é mirar, fe non é pregar,
fe é unha loita en unión cos demais
para construír un mundo en paz,
onde haxa amor e liberdade.
Fe é confiar sempre nos demais,
camiñando xuntos na procura da verdade,
seguros que, ó fin, o odio morrerá
porque o noso amor vencerá.
Fe é agardar que imos conseguir
unha xente nova que arrisque ó andar,
fortes ó loitar, ceibes ó amar,
creando un futuro de igualdade.