Ó ESPERTAR (V)
O ESPERTAR
(Mónica Muñoz)
Soñei que andaba solitario o meu camiño
e que no mundo se vivía sen amor e,
vendo un neno a me sorrir, fiquei pasmado
e mais pensei que aínda quedan
moitas cousas que facer.
Tamén soñei coas caricias da naiciña
que cos seus ollos me dicía: “Quéreme”.
Souben entón que neste mundo
que coidei que estaba ben,
aínda quedan moitas cousas que facer.
DI QUE ESTÁS A VER?
QUE VES ARREDOR?
QUE PODO FACER
PARA QUE TODO ANDE MELLOR?.(2)
Ó que espertei e vin a luz da amañecida
e o sol xogando entre nubes de algodón.
Pensei: “Meu Deus, que belo é o mundo,
pero pode aínda ser moito mellor”.
BEN SEI, MEU DEUS, QUE BELO É O MUNDO,
PERO SÓ O PODO EU FACER MELLOR.