AVIVEMOS O LUME DA HISTORIA
AVIVEMOS O LUME DA HISTORIA
(Xesús Portas Ferro)
AVIVEMOS O LUME DA HISTORIA,
QUE NON ESMOREZA A SÚA MEMORIA,
REVIVAMOS OS INTRES DE GLORIA,
LIMPEMOS OS TEMPOS
DE LIXOS E ESCOURA.
- O lar conserva o rescaldo baixo as cinzas,
as fragas crían aínda o nobre carballo;
abonda un pouco labor e cada galego,
ó pé da vella lareira, terá o seu tallo.
- As voces atafegadas, o folgo, o sangue,
a morte dos que prenderon o lume novo;
lembrados serán axiña voces e lume
e sangue e folgos e vida do noso pobo.
- consúmanse na lareira guizos e estelas,
as esperanzas fanadas e as aldraxes;
rexurdan vellas fazañas da ardente chama
que o medo torna e tamén derrete as friaxes.