CANDO CAE A TARDE
CANDO CAE A TARDE
(Mª do Carme Villar/Xosé Antón Miguélez)
Cando cae a tarde Deus, xuntámonos na oración
e o mundo enteiro en nós canta que Ti es fiel e Ti es bo.
Es fiel noso Pai no amor, Xesús es fiel no perdón,
e alento dos dous o Espírito, sigue fiel na doazón.
Bendito Deus entregado ao pobo sen condicións,
bendito Deus entrañado, cos pobres feito paixón.
Bendito Pai polo home que polo pan traballou
bendito Pai pola terra que aos seus nenos regalou.
Bendito sexas Xesús pola xente que loitou
canda ti durante o día por unha terra mellor.
Bendito sexas Espírito polo lume que quentou,
os que aterecen de frío os que viviron na dor.
Que a Terra cante serena nesta hora a túa canción,
que ó pobo chegue valente a fe na resurrección.