CANTO DO BARRIO
CANTO DO BARRIO
A CANTIGA DESTA NOITE
DE PAZ E DE LUZ,
SERÁ A DUN POBO EN MARCHA
BUSCANDO A XESÚS,
BUSCANDO A XESÚS (bis)
A CANTIGA DESTA NOITE
DE PAZ E DE LUZ.
- Desque chegamos a Coia*,
xuntámo-las nosas voces
na loita polos dereitos
das mulleres e dos homes (BIS),
dos xóvenes e dos nenos,
xuntando as nosas voces
no máis fermoso concerto.
- No máis fermoso desexo
de formar comunidade
todos nun mesmo pobo,
loitando pola irmandade (BIS).
Nosas mans fanse máis fortes,
os do Cristo da Victoria**
non lle temos medo á noite.
- Nós non temos medo á noite,
porque a noite faise día.
Cristo é quen alumea
nosa loita pola vida (BIS).
Por un barrio máis humano,
defendendo a nosa fala
o mundo novo virá.
· Pódese cambiar por: aquí
· Pódese cambiar por: a xente desta parroquia