NON VOS PERDADES NA NOITE 1
NON VOS PERDADES NA NOITE
(HIMNO DA ASEMBLEA CATEQUISTA)
TRAEDE PRA QUEN ESCOITE
PALABRAS DE LUZ.
NON VOS PERDADES NA NOITE,
SEGUIDE A XESÚS (3v.)
TRAEDE PRA QUEN ESCOITE
PALABRAS DE LUZ.
- Unha semente de fe
en nós prendeu algún día
e medrará mentres ten forza
pra ser compartida.
Forza pra ser compartida
con este pobo que espera,
unha fe que teña erguida
a esperanza desta terra.
- Xesús falou naquel tempo
palabras definitivas,
e precisan de nós pra ser
palabras de vida.
Pra ser palabras de vida
nesta terra, neste tempo,
pra ser en amor vertidas,
amor vivido en galego.
- Non queremos que esmoreza
a ilusión da mocidade,
temos á man a mantenza
pra que o futuro se gañe.
Pra que o futuro se gañe
sementamos fe nos nenos,
fe de amor e liberdade,
fe en Xesús e no seu Reino.
- Colle a miña man, amigo,
ergamos as mans xunguidas.
Eu contigo, ti comigo,
poñeremos paz na vida.
Poñeremos paz na vida,
paz de amor e de xustiza,
paz nun xantar compartido,
paz na vida de Galicia.