QUE FERMOSO É SER UNHA FAMILIA
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=Ynrx1D9VGHU
QUE FERMOSO É SER UNHA FAMILIA
(Antón Fernández León)
QUE FERMOSO É SER UNHA FAMILIA,
QUE FERMOSO VER CALOR DE FOGAR.
QUE FERMOSO QUE XUNTOS PAIS E FILLOS,
NON SE CANSEN DE RECIBIR E DAR
PARA SER DUN MUNDO NOVO SEMENTEIRA
NO QUE REINEN A IRMANDADE E MAILA PAZ.
Flota no vento un recendo do Evanxeo
coma no forno cando fornece o pan;
algarabía de meniños no ambiente:
é a FAMILIA, esperanza e manancial.
Acompasados os corazóns latexan
van procurando atopar o seu lugar,
cando a familia mantén a identidade,
o mesmo Deus ese fogar bendicirá.
Sementadores de bicos na alborada
e silandeiros vixiantes do fogar,
agarimosos protectores desde a fe,
quentura mol nese berce sen igual.
Familia, garda da misión máis elevada,
espalla amor, como se espalla o maná,
que no teu lar resplandezan os valores:
nunca te canses; loita sempre e VENCERÁS!
Se me calo, escoitarei as palabras que Ti falas,
que aluman o camiño cara o Ceo.
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.
Cando falas Ti, meu Deus,
as palabras son de Vida
e fan que agrome o amor no mundo enteiro.
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.
Coa sementa da Palabra
esténdese a Verdade
e vai medrando a fe ó seu abeiro:
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.
Polo día e pola noite
a Palabra vai crecendo
se o noso corazón non se fai ermo:
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.