TODO CANTA (A)

 

VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=mOCgvPEWM1g

 

TODO CANTA

(Xesús Portas Ferro)

 

Con tódalas creaturas entonemo-la canción

que día e noite se canta á gloria do Creador.

Con tódolos redimidos cantemos de corazón

os que fomos liberados por obra do seu amor.

 

Canta o sol, canta o mar, canta todo canto hai.(bis)

 

Canta o sol que nos visita desde o mencer ó solpor,

cantan as tebras da noite: todo che canta, Señor.

Canta o neno, canta o vello, canta a mocidade en flor,

cántache a idade adulta: todos che cantan, Señor.

 

Cántanche tódalas cousas ó veren que os días son

chanzos por onde subiren a escada da perfección.

Cántanche tódolos homes que Xesucristo salvou,

ó veren como os renovas co teu alento de amor.

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

TODO CANTA

 

               MI                                                        LA           MI

1.-       Con tódalas creaturas entonemo-la canción

               SI7                                                                       MI

            que día e noite se canta á gloria do Creador.

                MI                                                         LA         MI

            Con tódolos redimidos cantemos de corazón

               SI7                                                                        MI

            os que fomos liberados por obra do seu amor.

 

 

MI                  do#m     sol#m           LA          MI   fa#m  SI7                    MI

CANTA O SOL, CANTA O MAR, CANTA TODO CANTO HAI.(bis)

 

 

2.-       Canta o sol que nos visita desde o mencer ó solpor,

            cantan as tebras da noite: todo che canta, Señor.

            Canta o neno, canta o vello, canta a mocidade en flor,

            cántache a idade adulta: todos che cantan, Señor.

 

3.-       Cántanche tódalas cousas ó veren que os días son

            chanzos por onde subiren a escada da perfección.

            Cántanche tódolos homes que Xesucristo salvou,

            ó veren como os renovas co teu alento de amor.

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.