GLORIA A DEUS 5
GLORIA A DEUS 5
(Manuel Feixoo)
Gloria a Deus no ceo, gloria a Deus no ceo.
Gloria a Deus, gloria a Deus no ceo
e na terra pros homes a paz que El nos deu (2)
Pola túa inmensa gloria, louvámoste,
bendecímoste, adorámoste, glorificámoste e dámosche gracias.
- Noso Señor, Deus, Rei do ceo,
Deus Pai todopoderoso.
Noso Señor Xesucristo, unixénito Fillo do Pai,
noso Señor, Año de Deus.
- Ti que quita-lo pecado do mundo,
escoita a nosa oración.
Ti que te-la mesma gloria co Pai,
ten piedade, ten piedade de nós.
- Porque soamente Ti e-lo Santo,
sóo Ti o Señor, sóo Ti o Altísimo Xesucristo
co Espírito Santo na gloria de Deus Pai. Amén.