GLORIA A DEUS NO CEO
GLORIA A DEUS NO CEO
(Antón Fdez. León/Isauro Gª Ramos)
Gloria a Deus no ceo e paz ao seu pobo na terra.
Noso Señor, Deus, Rei do ceo, Deus Pai todopoderoso;
louvámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste
e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria.
Gloria a Deus no ceo e paz ao seu pobo na terra.
Señor, Fillo único, Xesucristo,
Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai.
Gloria a Deus no ceo e paz ao seu pobo na terra.
Ti que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós.
Ti que quíta-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración,
Ti que estás á dereita do Pai, ten piedade de nós.
Gloria a Deus no ceo e paz ao seu pobo na terra.
Porque Ti es o único Santo, Ti o único Señor,
Ti o único Altísimo, Xesucristo, co Espírito Santo
na gloria de Deus Pai. Amén.
AMÉN.