GLORIA A DEUS 8
GLORIA A DEUS (II)
(Xaquín Rdguez. Pomares)
Gloria a Deus na tristeza.
Gloria a Deus na alegría.
Gloria a Deus no encontro.
Gloria a Deus noite e día.
Polo aire limpo do amañecer,
pola flor e o raio de sol,
polas voces e o riso do bebé,
louvámoste, Deus,
louvámoste,
louvámoste, Deus.
Polo ritmo doce das ondas do mar,
pola néboa e o ceo gris,
polo gran que á fin
se transforma en pan,
cantámosche, Deus,
cantámosche,
cantámosche, Deus.
Pola xente que chegou á madurez,
pola nai que doa calor,
polo neno que moi longo vai nacer,
adorámoste, Deus,
adorámoste,
adorámoste, Deus.