MEU CARRAPUCHEIRIÑO (m+p)
MEU CARRAPUCHEIRIÑO
(Pop. Fuxan os ventos/Ed. Alvarellos)
Meu carrapucheiriño, sol de Belén,
bótame eses olliños, vas me morrer,
bótame eses olliños, vas me morrer,
vas me morrer, vas me morrer.
Miña prendiña, miña monada,
meu queridiño, estás nas pallas,
por veces choras, por veces calas,
e da bica dun galego tanto pides tanto mandas.
Quixera terte no colo e o teu corpiño arrolar
e por veces, no meu folgo,
as túas bágoas enxugar, as túas bágoas enxugar.