MEU PEQUENIÑO (m+p)
MEU PEQUENIÑO
(Manuel P. Fanego)
Meu pequeniño, miña monada,
meu pequeniño, deitado nas pallas,
por veces chora, por veces cala,
a Virxe María o agarimaba.
Ah !, meu pequeniño, miña monada,
meu pequeniño deitado nas pallas,
por veces chora, por veces cala,
ah !, ah !, ah !, ah !,ah !.
- Meu queridiño, meu ben,
miña xoia, meu amor,
bota as bágoas e parece
que me levan o corazón (2)
- Ai, Xesúsiño, meu rei,
meu consolo, meu Señor,
por salvarme home faste
e non deixas de ser Deus. (2)
- Os anxeliños do ceo
se lle poñen a cantar
e tamén os paxariños
cántanlle no seu falar. (2)