TIRULIRU (m)
TIRULIRU
(Pop. Fuxan os ventos/Ed. Alvarellos)
Imos compañeiros, imos,
imos todos cara a Belén,
a ver aquel rapaciño
que acabou de nacer.
Tirulirulí, tirulirulí,
tirulirulí, tirulirulirulirulirulí.
Tirulirulí, tirulirulí.
Somos dous pastores chairegos
que vimos xunto o Meniño
a traerlle unhas guedellas
para que quente o seu corpiño.
Somos mariñeiros, somos,
da terra de Camariñas,
e ó Neno Xesús traemos
frescos peixes e sardiñas.
Todos che regalan algo,
eu, que che regalarei?
Un pucheiro de manteiga
e unha cunca de bo mel.