DE GALICIA A BELÉN (m+p)
DE GALICIA A BELÉN
(Antón Fdez. León)
Caraveles traemos en ducia de a cen,
pra adorna-lo berce do Neno recén.
Son da beira do Miño, cóidaos San Xosé,
para a Virxe María que estivo de parto
onte a noite en Belén.
- Xesús, caraveles que vén a ser o amor
dos veciños deste lugar.
De Galicia, aquí vimos
para ser os primeiros en te agasallar.
- Xesús, ó naceres Ti, nace Deus,
a Paz, a Ledicia, a Vida e o Ben.
De Galicia, aquí vímosche cantar
coma os anxos na noite de Belén.
- Xesús, Ti e-la Estrela que brilla máis,
tamén o Camiño por onde andar.
De Galicia, aquí vímosche adorar
coma os Reis no primeiro Nadal.