DESDE OURENSE A BELÉN

 
 
 

DESDE OURENSE A BELÉN

(Antón Fdez. León)

 

Caraveis traemos en ducias

de a cen para adornar

o berce do Neno Recén.

Son da beira do Miño,

coidaos San Xosé

para a Virxe María

que estivo de parto

onte a noite en Belén

 

- Xesús caraveis que son para Ti

o amor dos veciños deste lugar.

Desde Ourense aquí vimos

para ser os primeiros en te agasallar.

 

- Xesús, ó naceres Ti, nace Deus,

a Paz, a Ledicia, a Vida e o Ben.

Desde Ourense aquí vímosche cantar

coma os anxos na noite en Belén.

 

- Xesús, cal pastores aquí nos tés

en pé convidados no teu Portal

Desde Ourense aquí vímosche pedir

para os pobres fartura e fogar.

 

------------------------------------

DESDE OURENSE A BELÉN

(Antón Fdez. León)

MI                                     MI7

Caraveis traemos en ducias

        lam                 

de a cen para adornar

     mim         SI7         MI

o berce do Neno Recén.

MI

Son da beira do Miño,

MI7

coidaos San Xosé

lam                    SOL

para a Virxe María

         RE                SI7

que estivo de parto

                              mim

onte a noite en Belén.

 

  mim        SI7                        mim                   

- Xesús caraveis que son para Ti

SOL                                       RE7  SI7

o amor dos veciños deste lugar.

             lam

Desde Ourense aquí vimos

 mim                SI7                        mim +7

para ser os primeiros en te agasallar.

 

- Xesús, ó naceres Ti, nace Deus,

a Paz, a Ledicia, a Vida e o Ben.

Desde Ourense aquí vímosche cantar

coma os anxos na noite en Belén.

 

- Xesús, cal pastores aquí nos tés

en pé convidados no teu Portal

Desde Ourense aquí vímosche pedir.

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.