GLORIA Ó SEÑOR (v)
GLORIA Ó SEÑOR
(Francisco Fernández Glez.)
Gloria ó Señor nas alturas,
cantemos todos, irmáns,
gloria ó Señor nas alturas
e na terra ós homes paz (bis).
Hoxe naceunos un neno,
Fillo do noso Señore.
Hoxe naceu o Mesías,
o noso Deus Salvadore.
Hoxe naceu Xesucristo,
hoxe o Salvador naceu.
Cantan os anxos cos homes,
loando alegres a Deus.
A muller que tivo a Deus,
Nai e Virxe a un tempo foi:
nunca tal cousa se vira,
nin nunca se viu despois.