NO CEO HAI UNHA ESTRELIÑA (m)
NO CEO HAI UNHA ESTRELIÑA
(Ben-Cho-Sei/M.Feixoo)
No ceo hai unha estreliña,
a estrela do noso Ben,
un luceiro bendicido
que nos acena a Belén.
- Miraino como reloce,
como nos chama e nos guía,
pra levarnos xunto ó Neno
e máis a Virxe María.
- A estrela reloce tanto
que a noite parece día.
Os pastores xa chegaron
e cantan con alegría. (2)