NOITEBOA NA ALDEA
NOITEBOA NA ALDEA
(Letra: Serafín Marqués Gil / Música Antón Fdez. León)
1. Nova luz escintila no ceo
e en Belén nace o sol nun portal,
as estrelas aluman na terra
os vieiros do amor e da paz.
Os pastores esculcan no vento
o silencio da noite que vela,
o sorriso, a dozura, o arume
do misterio de Deus que nos chega.
CANTAN MOZOS E VELLOS DO POBO
NUN BELÉN DE PALLOZAS E BARRO
MENTRES VISTEN DE LUZ OS CAMIÑOS
AS ESTREAS DO CEO XEADO.(2)
2. Os arcanxos coas luces acesas
os cantares das arpas espallan
e nas ramas do día que nace
brillan ledas as neves en chamas.
Xesús nace e a Virxe María
acaríñao con doce mirada
mentres soña con tenra emoción
unha nana no berce da alma.
-----------------------------------------------
NOITEBOA NA ALDEA
(Letra: Serafín Marqués Gil / Música Antón Fdez. León)
RE SOL RE SOL RE
solm rem FA6 LA7 rem
FA rem
1. Nova luz escintila no ceo
DO SIb LA LA7
e en Belén nace o sol nun portal,
solm FA
as estrelas aluman na terra
LA7 rem
os vieiros do amor e da paz.
FA rem
Os pastores esculcan no vento
DO SIb LA LA7
o silencio da noite que vela,
solm DO7 rem
o sorriso, a dozura, o arume
LA7 rem
do misterio de Deus que nos chega.
RE sim RE
CANTAN MOZOS E VELLOS DO POBO
LA SOL RE
NUN BELÉN DE PALLOZAS E BARRO
solm FA
MENTRES VISTEN DE LUZ OS CAMIÑOS
LA rem
AS ESTRELAS DO CEO XEADO.
RE7 solm FA
MENTRES VISTEN DE LUZ OS CAMIÑOS
LA7 rem
AS ESTRELAS DO CEO XEADO.
2. Os arcanxos coas luces acesas
os cantares das arpas espallan
e nas ramas do día que nace
brillan ledas as neves en chamas.
Xesús nace e a Virxe María
acaríñao con doce mirada
mentres soña con tenra emoción
unha nana no berce da alma.
-