ALELUIA, O SEÑOR RESUCITOU! (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=SN4iSBbvbqI&list=UUUZplOxqnhWk6TrHoMr3tWQ
ALELUIA, O SEÑOR RESUCITOU !
(Antonio Fdez. León)
Aleluia, aleluia, O Señor resucitou,
Aleluia, aleluia,
Cristo vive e camiña con nós,
Aleluia.
Pola luz da mañá, polo amor dos irmáns,
e pola paz, polas xentes que van xuntas
de cara a Ti quero cantar, Aleluia.
Pola verdade que nos amosaches Ti,
polo perdón, polo pan que nos dás
e nos axunta aquí, quero cantar, Aleluia.
Polos nenos que rin ao bicalos súa nai,
por tanto amor, polas xentes que están
o mundo a construir, quero cantar, Aleluia.