QUÉDATE CONNOSCO (m)
QUÉDATE CONNOSCO
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
Queda, Señor, connosco, a tarde vai caendo.
- Como te encontraremos cando esmorece o día,
se Ti non andas polos nosos pasos?
Repousa aquí connosco a mesa está servida,
quentiño o pan, ben recendente o viño.
- Como recoñecerte, Xesús, entre os homes,
se Ti non comes na mesma mesa nosa?
Darás nolo teu Corpo e o gozo irá arredando
a confusión que cega ós nosos ollos.
- Vemos luci-lo día sobre a túa limpa face
e o sol brillando, gloria do teu Corpo.
Que todo o noso medo ceda ante o lume vivo
que nos deixou o paso teu na Pascua.