NOSO PAI
Logo da PREGARIA EUCARÍSTICA que le o sacerdote, vén a oración que Xesús mesmo nos aprendeu, a oración que identifica e une ós cristiáns.
O máis recomendable é que este canto recolla o máis literalmente posible esta oración ou, no seu defecto, que tras unha breve introducción se recite a oración acompañada só de música, para lembrar as mesmas palabras de Xesús para dirixirnos ao Pai.