SALMOS
O SALMO non é un texto calquera, é un cántico, unha oración cantada e nós repetimos como comunidade o refrán que se repite. É outra das partes da eucaristía que debería ser cantada, pero musicar 150 salmos é difícil. Temos a sorte de que moitos deles se agrupan polo seu contido, que son parecidos no seu tema e que sempre temos o recurso de cantar só a ANTÍFONA (a parte que repetimos todos co lector).
Non se pode substituir por un canto calquera, é unha lectura e vén recollida no Antigo Testamento e, como tal, debemos esforzarnos por non variar o seu contido nin significado. Con todo hai que facer un esforzo por cantalo sempre que se poida, pois perde o seu valor de aclamación e a súa expresividade.
Este é un labor específico que debe dar o coro da parroquia ou o animador da eucaristía.