TEN PIEDADE
Este é o momento de pedir perdón, desde o principio, desde o corazón, recoñecer os erros: os esquecementos, o que non fixemos e puidemos facer para mellorar as cousas, as malas palabras, ... e continuar co espírito limpo e co sorriso posto en Deus e nos que están canda nós, e facendo o firme propósito de esforzarnos máis para non repetir o que sabemos que non fixemos ben. Porque iso que non fixemos ben doeulles aos irmáns e entristeceu a Deus.
É o momento do PERDÓN, de volver á familia.