CANTOS DE ENTRADA
Este é o canto que nos introduce na celebración. CELEBRACIÓN é a palabra clave. Non esquezamos que vimos celebrar a unión con Deus e cos irmáns, Deus escoita co corazón, pero escoita a Igrexa, cantamos como se fosemos un.
O canto de entrada fainos recordar que vimos cun so corazón, cun mesmo espírito para compartir a vida e o destino de Xesús; que se quixo facer irmán noso, e que se une a nós na eucaristía para falar co Pai.
Pero non esquezamos que cando cantamos estamos orando, que estamos dicindo cunha soa voz a nosa ledicia de reunirnos como familia canda o Pai, ... Que hai mellor para un pai que ver á súa familia reunida? Que hai mellor para un fillo que sentirse querido polo seu pai e polos seus irmáns? Levamos a esta festa a cada un de nós, coas súas preocupacións, cos seus erros e tamén coas súas ledicias e cos seus acertos... levámonos a nós e a os que están con nós na nosa vida, no noso pensamento, no noso sentir.
Acercámonos a dar unha grande aperta... Abride as mans !!