COMUÑÓN
No momento da COMUÑÓN, o celebrante suxire algún pensamento para reflexionar e comezamos a procesión para comungar. Esta procesión é un signo litúrxico de que somos camiñantes e que non imos sós, camiñamos con Xesús resucitado, é bo facer ese camiño cantando e lembrar que somos unha comunidade que percorre a súa andaina xunta os irmáns.
Somos Pobo Camiñante de Deus.