DESPEDIDA / ENVÍO
Este é o momento final da celebración pero ten un significado importante, a nosa vida como cristián non remata na eucaristía, o sacerdote envíanos a compartir a nosa fe cos demais, na nosa vida. É o RITO DE MISIÓN, un mandato apostólico no que debemos vivir, transmitir, contaxiar a nosa fe na nosa vida diaria.
Recibimos a bendición co corazón aberto para "deixarnos enviar", esperamos a que saia o sacerdote e facemos o silencio interior para dar ese paso de fe á vida diaria e recoller o que acabamos de vivir na celebración.