Cando sofre o pobo

 

 

CANDO SOFRE O POBO

 

- Cando sofre o pobo, sofres Ti con el.                     

E se o pobo loita, loitas Ti con el.                      

E se o pobo baila, bailas Ti con el.                         

O MEU POBO SOFRE, LOITA, BAILA,                         

EU QUERO ESTAR CON EL.

 

- Cando o pobo pensa, pensas Ti con el.                

E se o pobo fala, falas Ti con el.                                

E se o pobo pide, pides Ti con el.

O MEU POBO PENSA, FALA, PIDE,                

EU QUERO ESTAR CON EL.

 

- Cando o pobo foxe, foxes Ti con el.                

E se súa o sangue, súas Ti con el.                                

E se o pobo arde, ardes Ti con el.

O MEU POBO FOXE, SÚA, ARDE,                

EU QUERO ESTAR CON EL.

 

- Na vida e na morte, hei de estar con el.                

No gozo e na festa, hei de estar con el.                                

Con sol e con auga, hei de estar con el.

O MEU POBO EN VIDA, AMOR E MORTE,                

EU HEI DE ESTAR CON EL.

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.