COMO ÁRBORES (m)
COMO ÁRBORES
(Xurxo Gómez Gude/ Anxo Zamora)
Como árbores plantadas ó longo do río,
nós agardámo-la nosa primavera,
como árbores plantadas ó longo do río
os nosos froitos ímolos dar.
- Eu con vós síntome ben
porque sodes sinxelos coma min,
eu convosco son feliz,
porque amáde-la paz coma min.
- Eu convosco síntome forte
porque odiáde-la violencia coma min.
Eu por vós hei da-la vida,
porque amáde-la vida coma min.