ESTE É O DÍA DO SEÑOR (m)
ESTE É O DÍA DO SEÑOR
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
Este é o día do Señor,
este é o tempo da misericordia.
- Chegamos ós teus ollos
e non temos vergoña,
por causa do antigo
pecado do teu pobo.
Arrincarás enteiro
o corazón soberbio;
farás un pobo humilde
de corazón sinxelo.
- Serémo-lo teu pobo
gardado como un resto,
cumprindo a túa palabra
e sementando o Reino.
Seremos raza nova
que busca novos ceos;
sacerdotal estirpe
conforme ó Primoxénito.