A NOITE NON DEMORA (m)
A NOITE NON DEMORA
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
A noite non demora a historia co home.
A noite é o tempo da salvación.
-Na noite celebrába-la Pascua co teu pobo
mentras polas sombras voaba o Exterminio.
A noite é o tempo da salvación.
-De noite nun pesebre nacía a túa palabra,
de noite o anunciaron os anxos e a estrela.
- A noite foi quen, soubo de Cristo no sepulcro.
A noite viu a gloria cando resucitou.
-Na noite esperarémo-la volta salvadora
e atoparás acesos os nosos candeeiros.