GRACIÑAS (m)
GRACIÑAS
(Mª do Carme Villar)
Graciñas, Deus, que nos déche-la terra.
Graciñas.
Graciñas terra que nos déche-lo pobo.
Graciñas.
Graciñas polo que nos déche-la agra.
Graciñas.
Bendita agra que nos déche-lo pan.
Graciñas man por sementa-lo gran,
graciñas gran por podrecer no chan,
graciñas chan que nolo volves pan;
bendito pan a te entregar no verán.
Graciñas, Deus, por darnos a María.
Graciñas.
Gracias, María, por dar luz ó Fillo.
Graciñas.
Gracias, Xesús, porque nos dá-la vida.
Graciñas.
Bendita vida, regalo de Deus!