CANDO CAE A TARDE (m)
CANDO CAE A TARDE
(Mª do Carme Villar)
Cando cae a tarde, Deus,
xuntámonos na oración,
e o mundo enteiro en nós canta
que Ti es fiel e Ti es bo.
Es fiel noso Pai no amor,
Xesús é fiel no perdón,
o alento dos dous
o Espírito
segue fiel na oración.
Bendito Deus entregado
ó pobo sen condicións,
bendito Deus entrañado
cos pobres feito paixón.
Bendito Pai polo home,
que polo pan traballou;
bendito Pai pola terra
que os seus bens nos regalou.
Bendito sexas, Xesús,
pola xente que loitou
canda Ti durante o día
por unha terra mellor.
Bendito sexas Espírito
polo lume que quentou
ós que aterecen de frío,
ós que viviron pro amor.
Que a terra cante serena
nesta hora a túa canción,
que o pobo chegue valente
a fe na resurrección.