HORA DE DESCANSO (m)
HORA DE DESCANSO
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
Hora de descanso, hora dos solpores.
Amo dos bacelos,
dálle-la súa paga ós traballadores.
-Cando abría o día, Señor, nos chamades.
Coidámo-las vides e o viño que nace agora
o que nos pagas non hai quen o gañe:
o xornal da gloria nolo dás de balde.
-Págaslle ó primeiro o do derradeiro.
Son túas as horas, son teus estes eidos.
O que sementamos dálle crecemento.
Son túas as vides, coida dos bacelos.