PRETO DE TI, SEÑOR (m)
PRETO DE TI, SEÑOR
(Ramón Cabanillas/Mason)
Preto de Ti vivir quero, Señor,
anque deba sufrir na cruz da dor.
Ledo no meu sufrir hei de cantar así:
máis preto quero estar, meu Deus, de Ti.(2)
Se camiñando vou, sen atopar,
o mundo ó percorrer, doce fogar,
verei o ceo brillar e soñarei así:
axiña chegarei, meu Deus, a Ti.(2)
Con pedras do penar hai de labrar
para o meu amado Pai un sagro altar
e as miñas afliccións xugo serán que así:
máis preto hanme levar, meu Deus de Ti.(2)
Escóitanos, Señor, abre as túas mans,
acóllenos, Señor, na túa paz.
Co teu grande valor, amóstranos, Señor,
que Ti estás aquí, preto de nós.(2)
E cando ó pazo teu me mandes ir,
deixando todo atrás, hei de subir.
Voando cara ó ceo, irei cantando así:
agora vou gozar preto de Ti.(2)