QUEDA, SEÑOR, CONNOSCO
QUEDA, SEÑOR, CONNOSCO
( Antón Fdez. León/J.José Rumbao R.)
QUEDA, SEÑOR, CONNOSCO QUE ESTÁ CAENDO A TARDE,
A MESA ESTÁ SERVIDA CO PAN QUE TI NOS PARTES.
Como te encontraremos cando esmorece o día,
se Ti non andas polos nosos pasos?
Repousa aquí connosco, a mesa está servida,
quentiño o pan, ben recendente o viño.
Como recoñecerte, Xesús, entre os homes,
se Ti non comes na mesma mesa nosa?
Darásno-lo teu Corpo e o gozo irá arredando
a confusión que cega os noso ollos.
Vemos luci-lo día sobre a túa dóce face
e o sol brillando, gloria do teu Corpo.
Que todo o noso medo ceda ante o lume vivo
que nos deixou o paso teu na Pascua.