S.18 A TÚA PALABRA, SEÑOR (m)
A TÚA PALABRA, SEÑOR (S.18)
(Xosé Cruz Romero)
A túa palabra, Señor, veño escoitar:
Ti tes palabras de vida eterna.
- A lei do Señor é Santa,
reconforta o espírito.
Os mandamentos do Señor son xustos,
adoutrinan ós ignorantes.
- Os mandamentos do Señor son rectos,
aledan sempre o corazón.
A lei do Señor é nidia,
enche de luz os nosos ollos.
- A vontade do señor é firme,
non se torcen endexamais.
Os mandamentos do Señor son verdadeiros,
son eternamente xustos.