S.26 O SEÑOR É A MIÑA LUZ (m)
O SEÑOR É A MIÑA LUZ (26)
(Xosé Ramón Estévez)
O Señor é a miña luz,
a miña luz e a miña salvación.
- O Señor é a miña luz e a miña salvación,
a quen lle vou ter medo?
O Señor é a defensa da miña vida,
quen me fará tremer?
- Unha cousa lle pido ó Señor, esa procuro:
vivir na súa casa tódolos días da miña vida;
disfrutar da bondade do Señor
ollando decote o seu templo.
- Eu conto con gozar da gloria do Señor,
alá cando chegar ó país dos viventes.
Espera no Señor, non te acovardes,
ten azos e confía por sempre no Señor.